O ENAG DE VOLTA DE GAVARNIE CON EXCELENTES SENSACIÓNS E DESENVOLVEMENTO NOTABLE DO PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN

O Equipo de Novos Alpinistas Galegos está de volta deste santuario de xeo dos Pireneos.

Actividade sobresaínte tendo en conta que era a primeira vez que se atopaban con este tipo de escalada tan particular, nun lugar que non ten vías “comodas” e onde o mesmo escenario é tan alpino como intimidante.

Os primeiros días foron formativos e titorizados polos instructores porén, en canto colleron a punta da corda, cada un ao seu ritmo, acabaron descubrindo a técnica, xestualidade e seguridade da escalada en xeo e deixando a súa pegada en algunhas da mellores clásicas do circo: Ice Folle, Banzayous ou Yuste une Illusion foron o terreo de xogo, con descensos polos rápeles do Planneau Central ou practicando técnicas de descenso de fortuna polo xeo. Moi contentos e motivados polo bo facer e a actitude de todo o Equipo.

MAIS FOTOS

¡Moi contentos e motivados polo bo facer e a actitude de todo o Equipo!

 

Fotografía: Víctor Barro en FOTOSconLETRA

Xunta de Galicia / Deporte Galego

Colaboradores: Kailas Spain  Rgrip Ignacio Castro Armesto   Terra Deporte Aventura   cume norte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.