Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO

secretaria@fedgalmon.gal

986 20 87 58

O ENAG EN PENA UBIÑA

Uns días de actividade neste santuario do alpinismo. Ubiña nunca nos deixa indiferentes e xa coñecemos o seu espírito de escola de alpinismo de calidade.

Nesca ocasión as condicións non eran as máis adecuadas debido á pouca cantidade de neve, aínda que a que había estaba nunhas condicións excelentes. Os corredores estaban cos resaltes de rocha multiplicados, e moi pelados, con rocha de mala calidade, típica do lugar, e facéndonos traballar moito coa escalada mixta e, nalgúns casos, sobre terreo delicado.

Formativamente foi unha reunión perfecta para desenvolver todo o aprendido en seguridade sobre terreo dificil de asegurar, movéndonos con dinamismo en montaña e asentando os conceptos de lixeireza, rapidez e seguridade, alén de certa aventura que supuña afrontar condicións que nalgúns casos eran incertas debido ás condicións da montaña, sen practicamente xeo e coa neve moi baixa. Un días de ALPINISMO moi produtivos nos que escalamos as vías:

  • Brojos-Sio, III/2+. 550 mts
  • Gli-Gli, III/3-. 450 mts
  • Elixir de la suerte, III/2. 500 mts
  • Corredor del espolón, III/2+, V+. 400 mts
  • Corredor de la aguja, III/3. 400 mts

Nesta ocasión tamén fomos acompañados da nosa mascota FOCIÑOS e estreamos o novo equipamento do noso patrocinador TORRE DE NUÑEZ.

Uns días fantásticos para probar a nova roupa nun terreo de xogo ideal onde desenvolvimos todo o potencial técnico deste novo equipo. Agradecer de novo a TORRE DE NUÑEZ o seu apoio ao ENAG e, por afinidade, a toda a mocidade alpinista galega, que tantos medios precisa e tanto traballo costa desenvolver.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content