O ENAG pechou en Taghia a última actividade desta promoción, culminando dous anos de formación, tecnificación e experiencias compartidas.

Nesta última saída, o equipo puido escalar nas impresionantes paredes desta zona e abrir unha nova vía na cara noreste do Oujdad “Vuelo Perdido”, unha liña de 160 metros e dificultades de ata 7b+/c.

Unha gran experiencia para poñer o broche final a dous anos de aprendizaxe, esforzo e progresión no alpinismo, levando o nome do alpinismo galego máis alá das nosas fronteiras.

Parabéns a todo o equipo polo traballo realizado ao longo desta promoción.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade