
O ENAG concentrouse en Montrebei na parede de Aragón. Os obxectivos desta concentración centráronse na escalada en parede sobre percorridos de autoprotección. Como esixe este tipo de escalada, a lectura do itinerario e a previsión de onde emplazar os seguros condicionan a dinámica e velocidade da escalada.
O grupo escalou varios itienarios característicos desta parede onde manda o emprego da dobre corda, os seguros sobre “friends” e empotradores, e moita moita lectura de itinerario. A clásica escalada en terreo de grande parede con compromiso. As vías feitas foron “Rigoll” (6c A2), “7 Venas” (6c A2) e “Antiparques” (6c Ae), bos exemplos deste tipo de escalada.
Deixamos unha serie de imaxes desta concentración