
O ENAG participa activamente no II Encontro Intercentros de Alpinismo na Serra de Gredos durante os días 4 ao 8 de setembro.
O punto de encontro foi o refuxo Elola que se atopa a carón da Laguna Grande de Gredos a 1.950 metros de altitude.
A mais das actividades feitas polo equipo, impartiuse formación en autorrescate en rocha, coa intención de cas competencias dos e das integrantes dos Equipos de Alpinismo sexan completas e abarquen un abano moi amplo.
A experiencia foi moi positiva para os deportistas e técnicos. Houbo intercambio de cordadas entre os diferentes centros, e os técnicos intercambiaron impresións para mellorar a técnificación, potenciar e dinamizar cada vez máis os intercentros.
As escaladas fixéronse no Almanzor, Risco Moreno, Ameal de Pablo, Aresta Integral do Circo e nas paredes do refuxio. O ENAG realizou actividades salientables como: Espolón López 6a+, Vidal Caballero 6c, Integral Circo de Gredos ata a Portilla dos Machos subindo todas as puntas do Cuchillar de Cerraillos, os Tres Hermanitos, o Perro que Fuma e O Casquetazo V+, Cerdo Pal Final 6b+, Kenya V+, Alaska V+, La Torre de Abi-Amir 6c+ e la Penúltima Cruzada 7a. Evidentemente as actividades centráronse na escalada en rocha de autoprotección
Noraboa aos compoñentes do ENAG que poideron asistir a este encontro e ao seu director pola labor que está a levar con eles e ela. A semente está xerminando e só desexamos que estes equipo sexa un modelo para as novas xeracións de alpinistas galegos.
Deixamos unhas imaxes facilitadas polo ENAG das actividades feitas, esperamos gocedes delas.
Adxuntamos o enlace ao canal FEDME cun artigo sobre o Encontro de Gredos
Crónica del 2º Encuentro Intercentros de Alpinismo FEDME 2019