O PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ALPINISMO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO XA CONTA CUN NOVO EQUIPO DE NOV@S ALPINISTAS GALEG@S (ENAG)

Debido a múltiples problemas de organización e planificación relacionados co
período de confinamento, e con toda a problemática derivada do impacto que
o COVID-19 está tendo sobre as nosas vídas, esta escolla de mozos e
mozas para formar parte do novo ENAG durou máis do desexado.
Finalmente despois dunha selección difícil que se celebrou durante dúas fins
de semana, un centrado na escalada en neve e na alta montaña e outro na
escalada en rocha, podemos comunicarvos que o novo ENAG está formado
por:

✔ Adrián Álvarez Varela
✔ Daniela Andreia Carvalho Oliveira
✔ Jaime Larriet Gancedo
✔ Pablo Brea Garrido

Agradecer a participación de todos os aspirantes, parece que a mocidade
galega cada vez se vai interesando máis polo alpinismo, o nivel comeza a
ser notable porén, desgrazadamente, a Vogalía de Alpinismo non pode llegar
máis aló.

Noraboa a tod@s!!esperamos que os próximos tres anos sexán proveitosos
para percorrer o camiño de formarnos como alpinistas ao máis alto nivel
Agradecer a colaboración de TORRE DE NUÑEZ que nos acompañará como
patrocinador nesta aventura. Coa súa mascota FOCIÑOS compartiremos
escaladas e refuxios.

https://www.torredenunez.com/es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM 2019