O PROXECTO DE TECNIFICACIÓN DE ALPINISMO REÚNESE EN BUDIÑO

Fin de semana fanático co Equipo de Novos Alpinistas Galegos (ENAG) no Budiño, coa idea de que os proxectos teñan continuidade participaron tamén algúns dos integrantes do anterior ENAG, algo que virá ocurrindo sempre que se poida. No apartado formativo revisamos a complexidade das reunións e a utilización de métodos de fortuna para ascender por cordas, algo de artificial e a colocación de seguros flotantes. Neste sentido centrámonos na escalada en fendas, desde os off widths ata fendas de dedos, escalando vías xa míticas desta escola única na nosa comunidade.
Excelente finde onde Daniela, Adrian, Jaime, Pablo, Sabela e Eloy, alén dos técnicos, aprendimos moito sobre nós mesmos como escalador@s, introducíndonos na escalada de autoprotección en todas as súas vertentes.

Algunhas das vías realizadas:
✔ La Carra
✔ C. Fariña
✔ Kuki
✔ La Cicatriz
✔ Infarto Masivo
✔ Treboada
✔ Zipi-Zape
✔ Pachochiña
✔ Os Nenos + La Abruzzos
✔ Os Pais (L1)
✔ Os Pais completa entrando por Txismist.

Algunhas imaxes da concentración

https://www.torredenunez.com/es/

http://terradeporte.es/

https://www.cumenorte.es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.