O 12 de outubro de 2024, a escalada deportiva galega ten unha cita no renovado rocódromo de Riazor, situado nas instalacións do Estadio Municipal de A Coruña que grazas á remodelación de 2022, o rocódromo conta cun muro de 15 metros que lle permite celebrar competicións oficiais en tres modalidades de escalada deportiva.

Para participar no Campeonato Xunta de Galicia de Escalada de Dificultade “Cidade de A Coruña” 2024 organizado pola Federación Galega de Montañismo é preciso inscribirse antes do 30 de setembro.

As inscricións estarán limitadas a un número máximo de 150 deportistas, sumando todas as categorías e xéneros. O número mínimo de participantes por categoría é de 4.

Cada club de escalada que presente un mínimo de cinco deportistas inscritos presentará un delegado.

Os horarios, o regulamento e o enlace de inscrición están á vosa disposición na web da FGM, no seguinte botón:

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade