Un centear de rapazas e rapaces dos clubes galegos Asesou, Aromon, Club Montañeiros Celtas, AMI Montañismo, Club Pena Trevinca, Grupo de Montaña Alud e Cub O Veral acudiron ao Pavillón dos Remedios para unha xornada de escalada intensa. As clasificatorias e finais de prebenxamíns e benxamíns tiveron lugar pola mañá, tendo que superar dúas vías de clasificatoria e unha de final, de dificultade máis elevada. Os maiores da proba, alevíns, infantís e cadetes tiveron as dúas vías de clasificatoria, e os 6 mellores disputaron as súas finais pola tarde. Os competidores o deron todo e deixáronnos un día cheo de emocións, compañeirismo e moita superación.

Esta vez tocoulle ao club ourensán Asesou ser anfitrión, co apoio da Federación Galega de Montañismo. Ata a proba achegáronse Aníbal Pereira, Teniente Alcalde do Concello de Ourense; Carlos Bericat, Coordinador do Deporte Escolar en Ourense da Xunta de Galicia; e Manuel Pérez, delegado da Xunta de Galicia para o deporte provincial.

Fixéronse entrega dos trofeos tanto desta proba como do final da Liga, rematando así as 4 xornadas de escalada organizadas polos distintos clubes de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ourense. Finaliza así unha tempada estupenda para os nosos escaladores en idade escolar, con moita motivación e moita posibilidade de escalar en rocódromos variados, xunto cos compañeiros doutras escolas.

Chega agora o merecido descanso das escolas deportivas, que en setembro volverán con máis ganas, máis proxectos e moita escalada.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade