O venres 6 de febreiro tivo lugar a Gala do Montañismo da FGM celebrada no Concello de Chantada o cal gustosamente nos cedeu o Auditorio Municipal e colaborou con nos en todo o necesario.

Neste evento entregáronse os galardóns correspondentes aos deportistas máis salientados nas diferente modalidades competitivas e non competitivas que integran a nosa Federación.

Previo a Gala, puidemos desfrutar dunha mesa redonda onde o Monte e o Lume foron os protagonistas e na que grazas aos coñecementos e experiencias vividas en propia pel das persoas integrantes da mesa, entendemos que é un binomio necesario o cal se relaciona sobre unha liña moi fina.

Dende a Federación queremos dar as grazas a todas as persoas e entidades encargadas de facer estes eventos realidade e agardamos que todos os presentes desfrutasen dunha velada especial.

Tamén queremos resaltar o bo traballo feito no Centro Ocupacional Alborada ASDEME, coa realización duns trofeos tan fermosos.

O noso agradecemento a Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Chantada,  iNNOHEROICA e ASDEME

Galería de imaxes:


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade