A Federación Galega de Montañismo (FGM) busca incorporar ao seu equipo unha persoa para desenvolver funcións de administración e xestión, dando apoio ás diferentes áreas de actividade da Federación.

Buscamos un perfil organizado, responsable e resolutivo, con capacidade para traballar de maneira autónoma e en equipo, e con interese polo ámbito deportivo e federativo.

AVISO: DEBIDO A GRAN CANTIDADE DE CURRICULUMS RECIBIDOS O PROCESO CERRARASE O VENRES 2 DE OUTUBRO AS 14:00 H.

Funcións principais

A persoa seleccionada desenvolverá, entre outras, as seguintes tarefas:

  • Xestión administrativa e documental da Federación.
  • Apoio na xestión económica, contable e financeira.
  • Facturación, pagamentos, cobros e seguimento económico.
  • Xestión e arquivo de documentación.
  • Elaboración e seguimento de informes e documentación administrativa.
  • Apoio na xestión de subvencións, convenios e outras vías de financiamento.
  • Atención e comunicación con clubs, deportistas, técnicos, provedores e outros axentes vinculados á Federación.
  • Apoio administrativo ás diferentes áreas e actividades da FGM.
  • Outras tarefas propias do funcionamento administrativo dunha federación deportiva.

Perfil buscado

Requisitos:

  • Formación e/ou experiencia no ámbito da administración e xestión.
  • Coñecementos de contabilidade e finanzas.
  • Bo manexo das ferramentas informáticas e ofimáticas, especialmente Excel.
  • Capacidade de organización, planificación e xestión documental.
  • Persoa responsable, dinámica, organizada e con capacidade de traballo en equipo.
  • Boa capacidade de comunicación e relación con diferentes colectivos.

Valorarase especialmente

  • Experiencia ou coñecementos no ámbito deportivo e federativo.
  • Coñecemento do funcionamento das federacións deportivas e dos seus clubs.
  • Vinculación ou coñecemento das actividades relacionadas coa montaña, o deporte e o medio natural.
  • Coñecementos ou experiencia en xestión de clubs ou entidades deportivas. • Coñecemento da normativa e dos procedementos administrativos aplicables ás entidades deportivas.
  • Interese e compromiso cos valores asociados á montaña, o deporte, a natureza e o respecto polo medio ambiente.
  • Coñecemento da realidade do deporte galego.

Que buscamos?

Buscamos unha persoa que, ademais de contar cunha boa preparación administrativa, entenda e comparta o que representa a montaña e o deporte federado en Galicia.

Un perfil profesional capaz de combinar rigor na xestión, organización e responsabilidade cunha actitude próxima e colaborativa cos clubs, deportistas e demais integrantes da comunidade montañeira galega.

Presentación de candidaturas

As persoas interesadas deberán enviar o seu currículo vitae e, opcionalmente, unha breve carta de presentación indicando a súa experiencia e motivación para formar parte da Federación Galega de Montañismo.

Correo electrónico:

presidencia@fedgalmon.gal
tesoureria@fedgalmon.gal
licencias@fedgalmon.gal

Lugar de traballo: Vigo, sede da Federación Galega de Montañismo.

Xornada/condicións: Media xornada

 

Federación Galega de Montañismo

Traballamos pola montaña, polo deporte e polas persoas que a fan posible.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade