Dende a Federación Galega de Montañismo, queremos destacar os logros conseguidos por algunhas e algúns dos nosos federados, dos diferentes Clubs que conforman a nosa federación. Éxitos deportivos, que a maioría das veces, apenas teñen eco nos medios de comunicación, canto máis si teñen lugar fora de Galicia.

Hai escasas semanas, no país veciño (Portugal), o corredor Manuel Enrique Fernández Fernández, do club Coutadas Trail Team, consígueo o primeiro posto absoluto no Ultra Trail do Marâo (Amarante). Unha proba moi dura, 115 kms cun desnivel positivo de 7.500 mts. Alzouse ca vitoria nun tempo de 17 horas e 35 minutos, aventaxando en 32 minutos ao segundo clasificado.

Seguimos por terras portuguesas, no evento Trans Peneda-Gerês, que ten lugar no Parque Nacional Peneda-Gerês. Na distancia mítica de 100 millas, cun desnivel positivo de 8.500 m, José Manuel Gil Bernardez, do AC Castelos Trail Club, conseguíu o 2º posto da xeral absoluta e 1º senior, con un tempo de 22 horas e 29 minutos.

Por último, damos o salto ao outro lado do “charco”, EE.UU. A nosa galega máis internacional, Aroa Sío, do club Lodeiros Trail, conseguíu o 10º posto da xeral absoluta e 3ª muller en entrar en meta, na proba The Canyons Endurance, cunha distancia de 100 km e 3.200 m de desnivel positivo, investindo nela 10 horas e 11 minutos.

Unhas grandes actuacións e logros. ¡Parabéns aos tres!, sodes un exemplo a seguir. Felicitamos tamén a todas e todos os nosos federados, que cada fin de semana están a competir en calquer modalidade e superando os seus logros persoais dentro e fora das nosas fronteiras.

Vicepresidencia de Clubs e Persoas Federadas


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade