A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca as Prácticas das persoas que fixeran o curso de Montañismo Avanzado (N2A) coa equivalencia da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 10/Maio de 10h a 18h (aprox).
LUGAR: Zona de escalada de Galiñeiro (Pontevedra). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.
PRAZAS DISPONIBLES: 12
REQUISITOS BÁSICOS: Obrigatorio ter feito o curso de Montañismo Avanzado (montañismo de arestas e crestas), ter unha idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso) e ter capacidades plenas.
OBXECTIVOS DO CURSO: Lembrar, perfeccionar, e completar (se for necesario) as capacidades adquiridas no curso de Técnicas de Progresión en Terreos Escarpados e Arestas.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Traballarase sobre o aprendido no curso de Técnicas de Progresión en Terreos Escarpados e Arestas, como material básico e equipamento persoal / Técnicas xerais de progresión en montaña: ascenso, descenso e elección de itinerarios / Técnicas de progresión específicas segundo o tipo de terreo: herba, pedreiras, placas rochosas, caos de bloques… / Técnicas básicas de trepada en terreo escarpado / Técnicas básicas de progresión e protección en arestas / Prevención de riscos nas actividades de montaña.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 4 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).
PREZO E SISTEMA DE PAGO: O prezo do curso é de 70 €, a pagar con tarxeta bancaria.
O curso está aberto só para persoas federadas.