A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao Curso de progresión e rescate en terreo glaciar.

DATAS E HORAS DO CURSO: sábado 15/Feb de 09h a 18h e domingo 16/Feb de 08h a 17h.

LUGAR: Macizo de Ubiña, Torrebarrio (León). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).

OBXECTIVOS DO CURSO: Establecer os coñecementos necesarios para a realización de travesías glaciares con seguridade. Establecer os protocolos básicos de actuación no encordamento glaciar de 2 a 4 persoas e un método de autorecate. Completar a formación dos níveis de alpinismo, esquí de montaña, e montañismo invernal.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 4 alumnos/as, cun mínimo de 3 alumnos/as para que se organice o curso.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).