A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao curso de iniciación ao Alpinismo, que equivale a un nivel 1 de Alpinismo (A1), da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO:venres 7/Feb, sábado 8/Feb e domingo 9/Febreiro de 2025
LUGAR:Macizo de Ubiña, Torrebarrio (León). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).
OBXECTIVOS DO CURSO:Que o alumno/a adquira os coñecementos técnicos e tácticos propios das actividades invernais de dificultade moderada, que requiran incluso o manexo ocasional de corda, para desenvolver a actividade de forma autónoma e segura, así como identificar rutas de montaña que sexan asequibles ao seu nivel técnico, e vivaqueo.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).