A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao curso monográfico de progresión con raquetas de neve que é complementario ao curso de Montañismo Invernal, que equivale ao nivel 2B de Montañismo, da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada.
DATAS E HORAS DO CURSO: Domingo 16/Feb de 10h a 18h, cun total de 8h de curso.
LUGAR: Fonte da Cova, Trevinca (Ourense); a data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamentente.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a sexa quen de realizar con seguridade itinerarios en montaña con raquetas de neve de un xeito autónomo así como identificar rutas de montaña que sexan asequibles ao seu nivel técnico.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 8 alumnos/as (máximo de 8 en todo o curso); o mínimo será de 6 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).