A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao curso de Perfeccionamento Esquí de Montaña (EM.2), que equivale a un nivel 2 de Esquí de Montaña, da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: Xoves 20/ febreiro dende as 18.00h no refuxio Casa de Pedra (Baños de Panticosa, Huesca). Venres 21 e sábado 22 actividade de todo o día no entorno do refuxio de Bachimaña, domingo 23 baixada ao refuxio Casa de Pedra e volta a casa.

LUGAR: Baños de Panticosa (Huesca). Refuxios de Casa de Pedra e Bachimaña. O lugar e datas poderán modificarse de xeito xustificado (en función da cantidade e calidade da neve).

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).

OBXECTIVOS DO CURSO: Realizar percorridos complexos con esquís de travesía con autonomía e seguridade / Coñecer en profundidade o material de progresión e seguridade propios do esquí de montaña / Partindo dun nivel medio de esquí alpino, mellorar as técnicas de descenso en terreo de neve non tratada e certa dificultade / Coñecer as técnicas de ascenso con esquí de montaña e as transicións / Coñecer as técnicas de seguridade en alta montaña invernal e os protocolos de búsqueda de vítimas de avalanchas.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 6 no curso). O número mínimo de participantes para realizar o curso será de 5 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).