A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción as Prácticas do curso nivel 1 de Esquí de Montaña (EM.1), da Escola Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada.
DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 22/02/2025 de 9 a 17 h. Domingo 23/02/25 de 9h a 14h.
LUGAR: Xornadas prácticas no entorno da Estación de Esquí San Isidro. Sábado Peña Ten 2.142 m – Domingo Peña del Vento 1.1992 Se non hai condicións de neve en San Isidro, farase a actividade no entorno do macizo deUbiña ou Somiedo. En función das condicións nivometeorolóxicas o lugar e datas do curso poderán modificarse xustificadamente.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).
OBXECTIVOS DO CURSO: Asentar e lembrar e perfeccionar todos os coñecementos adquiridos nun curso de iniciación N1, realizando percorridos básicos con esquís de travesía con autonomía e seguridade, corrixir erros resolver posibles dubidas do alumnado, tanto en temas relativos a seguridade co obxecto de mellorar a súa confianza e autonomía.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 8 alumnos/as (ata un máximo de 8 no curso). O número mínimo de participantes para realizar o curso será de 6 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).