A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao curso de inicicación á Escalada de Montaña, que equivale a un nivel 1 de Escalada en Xeo (EX1) da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO: Poderase realizar en función de condición meteorolóxicas no prazo comprendido entre o Mércores 01/Xaneiro ata o Venres 28/Febreiro.
O curso desenrolarase en formato de: Venres tarde, Sábado 08:00 a 17:00 e Domingo 08:00 a 17:00
LUGAR: La Baña, Tarna ou Neila (Ancares, cantábrica ou central). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 18 anos ao inicio do curso, e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra alpinismo e escalada en xeo (Tipo B).
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a sexa quen de realizar con seguridade e autonomía ascensións de fervenzas de xeo e/ou pas de neve/xeo de inclinación igual ou superior aos 60º, e terreo mixto clásico, coñecer técnicas de seguridade (riscos e perigos), analizar os tipos de xeo e interpretar estruturas, así como identificar itinerarios que sexan axeitados ao seu nivel técnico.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Equipo e material para escalada en xeo / Técnica de progresión en xeo e mixto clásico, empregando dous piolets (técnica xestual) / Instalar parafusos durante a progresión e reunións en xeo, neve e rocha, e mixtas. Abandono (técnica Abalakov) / Aseguramento en xeo e ancoraxes naturais / Cadea de seguridade / Dinámica de cordadas / Graduacións e croquis de escalada en xeo / Táctica na escalada en xeo / Perigos obxectivos e subxectivos da escalada en xeo / Tipos de xeo / Onde escalar
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 3 alumnos/as (ata un máximo de 3); o mínimo de alumnos/as será de 3 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).