A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao curso de iniciación ao Montañismo Invernal, que equivale a un nivel 2B de Montañismo, da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 25/Xan de 09 a 18h, e domingo 26/Xan de 08 a 17h cun total de 18h de curso.
LUGAR: Peña Ubiña (León). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal (Tipo B).
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a sexa quen de realizar con seguridade ascensións e itinerarios en montaña en condicións invernais, con pendentes xeadas de ata 35º dun xeito autónomo e seguro, así como identificar rutas de montaña que sexan asumibles ao seu nivel técnico.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Técnica básica de progresión / Dinámica dunha ascensión / Seguridade na montaña invernal / Medioambente / Nivoloxía e meteoroloxía invernal básica / Equipo e material específico na montaña invernal / Elección de itinerarios (información e dificultades) / Progresión en terreo nevado / Manexo do piolet e crampóns / Autodetencións / Nocións básicas de rescate de vítimas de avalanchas.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 8 alumnos/as; o mínimo de alumnos/as será de 6 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).