A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a preinscripción ao curso de iniciación ao Esquí de Montaña (EM.1), que equivale a un nivel 1 de Montañismo, da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO: Domingo 26/01 /23 de 10h a 17h Sede do Club Montañeiros Celtas en Vigo.
Dúas Xornadas Practicas na Estación de Esquí San Isidro O Sábado 01/2/25 de 09 h a 17 h, Domingo 02/2/25 de 09h a 16h..
LUGAR: Clases Teórico Practicas, en Club Montañeiros Celtas Vigo.
Clases prácticas de Esquí de Montaña no entorno da Estación de Esquí San Isidro en León, Circular fontes de Inverno, Pena Requijines e Ausente, Pena do Vento, etc.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal (Tipo B).
OBXECTIVOS DO CURSO: Realizar percorridos básicos con esquís de travesía con autonomía e seguridade.
– Coñecer en profundidade o material de progresión e seguridade propios do esquí de montaña.
– Partindo dun nivel medio de esquí alpino, mellorar as técnicas de descenso en terreo de neve non tratada de pouca dificultade.
– Coñecer as técnicas de ascenso con esquí de montaña e as transicións.
– Coñecer as técnicas de seguridade en alta montaña invernal e os protocolos de búsqueda de vítimas de avalanchas.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 6 no curso). O número mínimo de participantes para realizar o curso será de 5 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).