Xa se realizou a presentación oficial da I Proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica 2026 en Salvaterra de Miño, cita que abrirá o calendario autonómico de marcha nórdica en Galicia en 2026.

Á presentación asistiron a Alcaldesa Marta Valcárcel e o Concelleiro de Deportes Edgar Martínez, o Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia Daniel Benavides, o Director Técnico da Federación Galega de Montañismo José Manuel Pérez, a responsable e deportista do Clube Airiños Adilia Abreu, e o Presidente do Clube Isidro Castro.

Este evento deportivo reunirá a deportistas, clubs e afeccionados á marcha nórdica nun percorrido que combinará natureza, técnica e competición. A proba forma parte da Copa Xunta de Galicia, consolidando a Salvaterra de Miño como referente do deporte ao aire libre na provincia de Pontevedra.

A I Proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica 2026 supón un impulso para a promoción da marcha nórdica en Galicia, fomentando hábitos saudables, turismo deportivo e participación federada.

Unha cita clave no calendario deportivo galego 2026.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade