Onte, xoves, foi presentado en Marín a “VIII Andaina Montes e Praias de Marín” que se disputará o vindeiro domingo 26 de febreiro cuns fermosos percorridos de 25 kms e de 15 km.
Ao acto asistiron a Presidenta da Federación Galega de Montañismo, Josefina Maestu, a Concelleira de Turismo e Comercio do Concello de Marín, Cristina Acuña González, o Xefe do Servizo de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, Xosé Francisco Gil Dopazo, representante do Club de Montaña Xesteiras e a unha representante da Asociación Loita Contra o Cancro.
Todos eles destacaron a importancia desta andaina, que contará con 750 participantes.
A saída darase ás 9 horas.
A proba de 25 km contará con tres avituallamentos sólidos mentres que a de 15 km conta cun sólido.
Josefina Maestu manifestou a súa satisfacción de que probas como esta contribúan a afianzar os hábitos saudables da poboación galega. Agradecendo a colaboración e a implicación do Concello de Marín e da Xunta de Galicia.
Xosé Gil destacou a riqueza desta ruta, as novas zonas de interés paixasístico e etnográfico polas que discurrirá este ano a andaina e outros aspectos técnicos.
Destacando a inestimable axuda de 60 persoas voluntarias e da Asociación Contra o Cancro.
A “VIII Andaina Montes e Praias de Marín” está organizada polo Club de Montaña Xesteiras. É a II andaina da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo e está encantada tamén na Liga Ibérica de Senderismo da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.
¡Sen dúbida será un gran día para caminar pola saúde!