A Casa da Mocidade de A Pobra do Caramiñal acolleu o xoves 8 de febreiro, ás 12:00 h, a presentación oficial da X Edición da Andaina Ultratrail de 100 km Os 100 do Barbanza. Este evento, xa consolidado como unha das probas de resistencia máis emblemáticas da península ibérica, regresa con forza para ofrecer aos participantes unha experiencia inesquecible.

Arrincará desde A Pobra do Caramiñal, para continuar por Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Ribeira, antes de regresar ao municipio anfitrión.

Como cada ano, a proba percorrerá os sete concellos da comarca do Barbanza, permitindo aos participantes descubrir o seu espectacular patrimonio natural e cultural. Nesta ocasión, a saída terá lugar ás 16:00 do 21 de xuño en A Pobra do Caramiñal, para continuar por Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Ribeira, antes de regresar ao municipio anfitrión.

Máis que unha proba deportiva, Os 100 do Barbanza busca poñer en valor a riqueza paisaxística, cultural e histórica da bisbarra, levando aos participantes por congostras ancestrais, sendas fluviais e vieiros que atravesan contornas naturais de gran beleza.

Organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar, esta é unha proba non competitiva de sendeirismo e ultratrail, na que os participantes deberán completar os 100 km en 24 horas como máximo. Un desafío esixente, pero tamén unha oportunidade única para vivir unha aventura inesquecible en plena natureza.

Inscricións abertas:

As inscricións xa están dispoñibles a través da páxina web oficial www.itrekkers.org. A proba conta con só 300 prazas, polo que se recomenda aos interesados formalizar a súa inscrición canto antes. O prezo da inscrición é de 70€ ata o 31 de marzo e aumentará a 90€ ata o 6 de xuño, data de peche do proceso.

Organiza O Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS)

É un club de montañismo integrado por afeccionados das comarcas de Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e de Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son).

A entidade foi fundada en 2013 co obxectivo de organizar e xestionar a primeira carreira de ultrafondo de Galicia (100 quilómetros en 24 horas).

O ITBS está conformado por corredores con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo frecuente a súa participación en marchas de 50 quilómetros en Galicia e o norte de Portugal. Ademais, son asiduos á Copa Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade