PRESENTACIÓN DO SELECCIONADOR DE MARCHA NÓRDICA DA FGM

O pasado día 12 de maio de foi nomeado Nacho García como seleccionador de Marcha Nórdica da FGM.

A esquerda no acto de presentación o Presidente da Federación Galega de Montañismo Adolfo Puch, e a dereita o seleccionador do novo equipo de Marcha Nórdica da F.G.M.

A súa primeira participación competitiva terá lugar no Campionato de España de Marcha Nórdica da FEDME, en A Coruña o día 6 de xuño de 2021.

Esta actividade estará organizada pola FGM coa colaboración da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, Club Marcha Nórdica Coruña, Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Estas son algunhas das fotos da pasada fin de semana onde Nacho estivo traballando para a selección do equipo galego de Marcha Nórdica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.