Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO

secretaria@fedgalmon.gal

986 20 87 58

Presentación I Copa da Xunta de Galicia de Marcha Nórdica

Onte, día 6 de marzo de 2023, tivo lugar en Lugo a presentación do Trofeo Terras do Miño de Marcha Nórdica: I Copa da Xunta de Galicia de Marcha Nórdica Federación Galega de Montañismo (FGM) e I Open Concello de Lugo, organizada polo Club Nordic Walking Lugo en colaboración coa Federación Galega de Montaña.

A esta presentación asistiron:

  • Don Javier Arias, Delegado Provincial da Xunta en Lugo.
  • Don Mauricio Repetto, Concellal de deportes del Concello de Lugo.
  • Dona Josefina Maestu, Presidenta da Federación Gallega de Montañismo.
  • Don Juan Carlos Castro,  Presidente do club Nordic Walking de Lugo e dona Cristina Fente, Vicepresidenta do mesmo club,  e máis de 20 persoas socias do club.

Agradecidos por ter representación nesta acto da Xunta de Galicia, do Concello de Lugo e da FGM e acompañarnos nesta presentación no uso dos bastóns de marcha nórdica que hoxe practicamos no pavimento da singular e histórica Muralla Romana de Lugo, que foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2020 e hermanada coa Gran Muralla China de Qinhuangdao no ano 2007.

O fin de semana do 11 e 12 de marzo a Marcha Nórdica será a protagonista da actividade deportiva na cidade de Lugo. O día 12 terán lugar a primeira proba da I Copa Xunta de Galicia da FGM e o I Open Concello de Lugo desta actividade.

O 12 de marzo terán lugar dous acontecementos deportivos competitivos galegos de Marcha Nórdica: a primeira proba da I Copa Xunta de Galicia e o I Open Concello de Lugo desta actividade. Os eventos está organizado polo Club Nordic Walking Lugo en colaboración coa Federación Galega de Montaña, que desde hai pouco acolle a Marcha Nórdica como disciplina deportiva autónoma.

A Marcha Nórdica ou Nordic Walking é un deporte que consiste en camiñar co impulso de bastóns específicos utilizando unha técnica concreta baseada no movemento orgánico do corpo. Ten a característica de ser unha actividade física que se pode practicar de maneira segura a calquera idade e en contornas variadas, polo que o número de deportistas desta disciplina aumentou de manera significativa nos últimos anos. Como consecuencia, tamén hai un incremento de participación en competicións celebradas por clubes e entidades deportivas.

Neste contexto, os eventos que terán lugar en Lugo o 11 e o 12 de marzo pretenden conciliar o disfrute deste deporte coa competición e coa promoción cultural e turística da cidade de Lugo e a súa contorna. Deste xeito, haberá unha primeira xornada de encontro entre walkers (“camiñantes”), na que se fará unha saída recreativa polo monte baixo do Concello de Lugo pola mañá, e unha andaina turística polo centro da cidade pola tarde. A xornada do día 12 está reservada para os dous eventos competitivos, que se desenvolverán na Muralla de Lugo, e que consistirán en percorrer o monumento durante cinco voltas (a Copa) e tres voltas (o Open). A saída e a meta serán na Praza Maior, desde onde os participantes se dirixirán cara a rampa que sube á Muralla Romana desde a Catedral, comezando o percorrido circular. Logo da competición terá lugar a entrega de premios dos gañadores, seguido do chamado “terceiro tempo”, no que os camiñantes e os seus familiares a amigos celebrarán o acontecemento cunha comida conxunta.

Con respecto a outras competicións destas características, o percorrido pola Muralla Romana é único no mundo por levarse a cabo na sua meirande parte por riba do chan.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content