Arriba, de esquerda a dereita:
Henrique Freixeiro, Vogal de Andainas da FGM; Jorge Peláez, copropietario da Adega Marqués de Vizhoja; Alba Barbeiro, Club Cornelios; Julio César García-Luengo, Alcalde de Crecente; José Manuel Alfonso, Alcalde das Neves; Ana Belén Durán, Concelleira de Deportes das Neves; Almudena Fernández, Club Cornelios.

Abaixo:
Fran Durán e David Bas, Club Cornelios; Vicenta Rodríguez Cerdeira, Concelleira de Arbo; Diego Fernández, Presidente do Club Cornelios.

O pasado 3 de abril de 2025, presentouse á prensa a VIII Andaina do Condado – Marqués de Vizhoja que terá lugar o vindeiro domingo, pertencente á Liga Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo. O lugar escollido foi o pazo e finca que a Adega Marqués de Vizhoja ten no linde dos concello de Arbo e Crecente. Asistiron a este espectacular lugar as representacións oficiais dos concellos por onde transcorre a marcha, contando coa presencia dos alcaldes de Crecente e as Neves, e a concelleira de Arbo.

Jorge Peláez, copropietario da Adega Marqués de Vizhoja resaltou a importante labor dos deportistas e voluntarios de Cornelios e prometeu a súa axuda e colaboración para moitas máis actividades nos vindeiros anos.

Henrique Freixeiro, Vogal de Andainas da Federación Galega de Montañismo, acudiu en representación do Presidente, Alejandro López, que escusou a súa asistencia, e agradeceu ós membros de Cornelios o seu impresionante traballo.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade