As Neves, 28 de abril de 2023

Hoxe, 28 de Abril de 2023 tivo lugar a “Presentación da VI Andaina do Condado Vila das Neves”, no Concello das Neves.

Tras varios anos de parada na organización deste evento, retomamos con moitas ganas e ilusión e cun percorrido deseñado para o #gozar máximo da natureza que nos regala a nosa contorna.

A Andaina celebrarase o Domingo 7 de Maio de 2.023, coincidindo co Día da NAI, polo que desde o club animamos a todo o mundo a valorar esta actividade como unha opción para pasar o día coas persoas que nos deron a vida e que nunca nos deixan caer.

O evento ofrece dúas distancias para que cada participante poida elixir aquela en a que senta máis cómodo e as persoas que están a dubidar de se están ou non preparadas; non teñas dúbidas e proben esta disciplina, que cada día conta con máis seguidores, polo seu #gozar e pola xente que forma parte deste mundo.

A andaina sairá da Praza Maior das NEVES, pasando por lugares con interese turístico como pode ser o Santuario de Santa María de Riberteme, Vos Petróglifos de Taboexa, vos Muiños do río Xuliana en Louros, e moitos outros lugares de valor incalculable pero que non vos imos a contar para que o descubrades durante o percorrido e teña algo de misterio.

A maiores contarvos que está permitido que os participantes veñan coas súas mascotas se así o desexan.

Como nas anteriores edicións, temos diferentes distancias:

Andaina de 25km: A hora de saída é ás 09:00h. Conta con varios puntos de control, ten 3 avituallamientos sólidos/líquidos e á chegada a Meta a correspondente comida/merenda, tamén cun pequeno agasallo.

A organización establece as seguintes horas de corte que deben respectar todos os participantes.

O primeiro corte estará no segundo avituallamiento no KM 14, deberase pasar por este punto antes das 3,5 horas desde o comezo da proba.

O segundo corte estará no terceiro avituallamiento no KM 20 deberase pasar este punto antes das 5 horas desde o comezo da proba.

Andaina de 15km: A hora de saída é ás 09:05h. Conta con varios puntos de control, ten 1 avituallamiento sólido/líquido e á chegada a Meta a correspondente comida/merenda, tamén cun pequeno agasallo.

Para este percorrido a organización non estableceu horas de corte.

A presentación do evento contou coa participación de Xose Rodríguez, Alcalde das Neves, e Óscar González, Concelleiro de deportes do Concello das Neves, Diego Fernández, Presidente do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios; Fran Durán, Director da proba, coa colaboración de Julio Alonso, Alba Barbeito e David Bas e coa Vogal de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo Laura Lado Blanco.

O evento está organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios e conta coa colaboración do Concello das Neves. E como todos os anos, volvemos contar cunha caseta da “Fibrose Quistica de Galicia”.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade