Hoxe día 20 de decembro de 2018 xa está aberta a plataforma de tramitación das Tarxetas Federativas para o ano 2019.

Preme aquí para mais info

As coberturas son as mesmas do ano anterior, coa Compañía Aseguradora Mapfre.

Este ano os prezos non varían con respecto o ano anterior en todas as modalidades.

Do mesmo xeito co ano pasado existirán e poderán elixirse os seguintes suplementos BTT, Esquí Alpino, Esquí Nórdico e Snowboard.

Ditos suplementos estarán dispoñibles nas Licencias B, C, D, E e 0T. na plataforma PLAY-OFF atoparedes o desplegable para  indicar a modalidade ou modalidades que practican cada un dos nosos deportistas federados.

A única novedade con respecto a ano pasado e que se introduce unha mellora nas condicións económicas para os federados de modalidades infantís e xuvenís, que no momento que acrediten tener un Pai ou unha Nai federados, obterán un desconto do 50% no precio do seguro, e decir, pagarán as Licencias como sempre o prezo fixado no cadro de prezos axunto pola súa totalidade, e unha vez acrediten ter o pai ou a nai federado no ano 2019,  se lles abonarán as seguintes cantidades según o tipo de licencia:

Licencia A Infantil    7,12 €

Licencia A Xuvenil   13,75 €

Licencia B Infantil      7,25 €

Licencia B Xuvenil    15,50 €

Licencia C Infantil     11,60 €

Licencia C Xuvenil   24,46 €

Licencia D Infantil   19,75 €

Licencia D Xuvenil   39,73 €

Licencia AU Infantil    5,85 €

Licencia AU Xuvenil 13,72 €

Licencia OT Xuvenil  10,60 €

Calquera dúbida que teñades na tramitación podedes  chamar ou enviar un mail a Secretaría da F.G.M.