986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Primeira Proba da Copa de España de Escalada de Velocidade (Oviedo, 26 de marzo de 2023)

• Éxito do Plan Galego de Tecnificación: Galicia consegue cinco medallas.

• Un resbalón privou a Erik Noya, subcampión do mundo de velocidade (2021) de disputar o triunfo na categoría absoluta.

Un total de 11 deportistas do Programa de Tecnificación Deportiva de Escalada da Federación Galega de Montañismo (FGM) asistiron á 1° PROBA DA COPA DE ESPAÑA DE ESCALADA DE VELOCIDADE – XUVENIL E ABSOLUTA, disputada onte, 26 de marzo, en Oviedo.

Excelentes foron os resultados da expedición galega, ao conseguir un total de cinco medallas que acreditan o eficaz enfoque do Programa de Tecnificación de Escalada da FGM.

As preseas de ouro foron para Javier Gento, na categoría Sub 14 masculina, do club AMI de Coruña e para Nora García, na categoría Sub16 feminina, do club de Montaña Coruña. A medalla de prata foi a mans de Xián Peláez na categoría Sub18 masculina, do Club Montañeiros Celtas de Vigo. Pola súa banda, Valeria Rodríguez na categoría Sub 14 feminina, do club ASESOU de Ourense, conseguiu o bronce.

Tamén asistiu Erik Noya do Club de Montaña Coruña, subcampión do mundo en escalada de velocidade (2021), e unha das esperanzas galegas para os próximos JJOO, que non está no programa de tecnificación deportiva por pertencer á Selección Española de escalada de Velocidade e prepararse no (CAR de Sant Cugat del Vallés (Barcelona). Noya, obtivo a medalla de bronce, tras escorregar no acceso á final, xa que a competición celebrouse ao aire libre e as presas condesaban algo de humidade.

Así mesmo, conseguíronse 2 cuartos postos: Carlota Böck, na categoría sub 18 feminina, de ASESOU, Ourense e Hadrián Pérez, na categoría sub 16 masculina, do AMI de Coruña. Tamén, 2 quintos postos: Mara Rodríguez, na categoría sub 18 feminina, do Club Montañeiros Celtas Vigo e Juan Correa, na categoría 1ub 18 feminina, do Club Montañeiros Celtas Vigo. Pola súa banda, Lucía Lores, do club Montañeiros Celtas (VIGO), conseguiu un meritorio 6 posto, na categoría sub 18 feminina; Santiago González, sétimo e Iván Pacios oitavo na categoría sub 14 masculina, ambos os deportistas de ASESOU.

Por último, participaron na I.ª PROBA DE A COPA DE ESPAÑA DE BLOQUE. Xuvenil e Absoluta, Oviedo, o 25 e 26 de marzo 2023, Xián Peláez do Club Celtas na categoría sub 18 masculina, acceso ás finais e 4° posto, así como Carlota Böck, na categoría sub 18 feminina, acceso ás finais, do Club ASESOU.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content