
Tras dóus anos de espera volveu de novo esta fin de semana (19-20 de xuño) a Copa de España de Dificultade Xuvenil, a cual desprazáronse un total de 11 deportistas integrantes do equipo de tecnificación de escalada galego.
Coma xa nos teñen acostumado, unha vez máis os nosos representantes xuvenís asinaron nas instalacións Climbat de X-Madrid (Alcorcón) unha boa actuación en conxunto acadando dous deles o acceso as finais e proclamándose un en concreto “Campión” na categoría Sub16M.
A súa vez outra das nosas deportistas tivo a oportunidade de loitar nas semifinais da Liga “Red Bull Creepers” celebrada en Avila na cual pese a quedar na 3° posición non puido obter o pase de cara a gran final.
Resultados da 1° proba da Copa de España Dificultade – X-Madrid (Alcorcón).
SUB14 M/F
-Martín Ferreiro: 9° posto.
-Nora Gracía: 18° posto.
SUB16 M/F
-Xavier Carballo: 1° posto e Campión da proba.
-Natalia Vale: 6° posto (finalista).
-Mara Rodríguez: 15° posto.
-Xián Peláez: 12° posto.
-Gael Rodríguez: 30° posto.
SUB 18 M
-Bruno Vázquez: 20° posto.
-Xoel García: 21° posto.
-Santiago Franco: 23° posto
-Héctor López: 27° posto.
Noraboa a todxs eles!
Grazas unha vez máis a todo o equipo da @fedme, corpo arbitral e @xmadrid polo excelente traballo de organización.