O pasado sábado día 15 nas instalacións de IndoorWall en Santiago de Compostela, celebrouse a xornada final de avaliación do grupo de Tecnificación de escalada deportiva da FGM.
Coma todos os anos aproveitouse tamén para convocar a través dos clubes a novos nenos e nenas coa intención de captar novos talentos.
Destacar a participación esta vez, de 10 nen@s con idades comprendidas entre os 11 e os 17 anos vidos de diferentes clubs da xeografía galega, os cales, tiveron que enfrentarse a diferentes probas de escalada co fin de demostrar a súa destreza e habilidades.
Resaltar que o nivel dos participantes foi moi bo e de seguro varios deles pasaran a formar parte da nova equipa de cara o 2019, continuando pois con este proxecto ilusionante e que xa empeza a dar os seus froitos.
Lembrar tamén, que de este equipo de tecnificación sairán os integrantes que representaran a nosa comunidade nas futuras competicions nacionais de escalada do próximo 2019.
Sen mais, agradecer aos clubes a sua participación e implicación na xornada e como non, o seu traballo dende as escolas deportivas que a buen seguro darán moitas alegrias o noso deporte.
Fdo: Dirección técnica do Proxecto de Técnificación de escalada deportiva – FGM