
O equipo de tecnificación de escalada chega á época das vacacións. O programa deseñado por José Juan e Fini está a dar os seus froitos, pois este ano o equipo xa acumula medio centenar de vías de escalada de sétimo grado, e seguen progresando. Este mes de vacacións será un momento para o descanso e repoñer ilusións e forza.
Tanto as rapazas como os rapaces amosan gran interese e motivación, o que lles axuda a manter unha actitude activa e de querer progresar sempre. Non hai que esquecer a pais e nais tamén aportan o seu esforzo.
Facemos un chamamento aos clubs a que manteñan as escolas deportivas de escalada, pois delas seguirán a sair estas magníficas e magníficos escaladores.