O programa de tecnificación de escalada da FGM do ano 2023 deu o seu comezo esta o pasado 4 de marzo cunha concentración na cidade de A Coruña no novo Rocódromo de Riazor, na cidade da Coruña.
Nesta primeira concentración convocouse a todos os e as deportistas incluídos no programa para expoñerlles as concentracións previstas e os obxectivos do mesmo. Os obxectivos principais do programa son a participación no Campionato de España por Seleccións Autonómicas (Infantís e Cadetes), coñecido como CESA, e as participacións nos campionatos de España nas diferentes especialidades de escalada: bloque, dificultade e velocidade.
O grupo dos e das deportistas está composto por 24 escaladores e escaladoras:
Categoría Absoluta Feminina
Araceli Vale (Peña Trevinca Montañeiros de Galicia)
Categoría Sub18 Feminina
Natalia Vale (Peña Trevinca Montañeiros de Galicia)
Mara Rodríguez (Montañeiros Celtas)
Lucia Lores (Montañeiros Celtas)
Carlota Böck (Asociación de Escaladores Ourensáns)
Categoría Sub18 masculina
Xavier Carballo (Aromon Pontevedra)
Xián Peláez (Montañeiros Celtas)
Juan Correa (Montañeiros Celtas)
Categoría Sub16 feminina
Lara Prida (Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza)
Nora García (Club de Montaña Coruña)
Elena Ferreiro (Agrupación de Montañeros Independientes)
Categoría Sub16 masculina
Hadrián Pérez (Agrupación de Montañeros Independientes)
Frederic Bondy (Agrupación de Montañeros Independientes)
Martín Ferreiro (Agrupación de Montañeros Independientes)
Categoría Sub14 feminina
Adriana Túñez (Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza)
Valeria Rodríguez (Asociación de Escaladores Ourensáns)
Carolina Prida (Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza)
Irene Gómez (Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza)
Categoría Sub14 masculina
Tiago Carballo (Aromon Pontevedra)
Iván Pácios (Asociación de Escaladores Ourensáns)
Javier Gento (Agrupación de Montañeros Independientes)
Santiago González (Asociación de Escaladores Ourensáns)
Categoría Sub12 masculina
Alejandra Böck (Asociación de Escaladores Ourensáns)
Categoría Sub12 masculina
Xoel Lores (Montañeiros Celtas)
A xornada de concentración desenvolveuse de mañá e tarde. A de mañá adicada a escalada de bloque e a tarde as dúas seguintes especialidades, velocidade e dificultade. A concentración desenvolveuse nun ambiente de equipo e gran participación.