Se che gustan as carreiras por montaña e queres vivilas desde outro lado, a Federación Galega de Montañismo abre un novo curso de arbitraxe de CxM. 🏔️
Vaise celebrar en Mondariz os días 13, 14 e 15 de novembro de 2026, con homologación inicial (provisional) da EEAM – FEDME.
Que vas aprender?
Moito e moi útil! Regulamento, entorno legal, comunicacións, protección do medio ambiente, clasificacións, protocolos antidoping, organización de probas, marcaxe… Son 20 horas de formación, unha proba de avaliación e unha práctica nunha competición autonómica oficial, con titorización incluída.
A quen vai dirixido?
Só para federadas e federados que queiran formarse como árbitras/os de CxM. Eso si, hai uns requisitos:
- Ter 18 anos ou máis
- Licenza FEDME tipo B en vigor
- Ter a ESO ou estudos superiores
- Acreditar a participación nunha proba de CxM en liña homologada antes de que remate o curso
O importante
- 👥 Prazas: máximo 16 (con prioridade para os 4 primeiros de cada provincia, por orde de inscrición). Para que o curso se faga, necesitamos un mínimo de 8 participantes.
- 💶 Prezo: 170 €, e inclúe a taxa FEDME, o material didáctico dixital e a titorización da práctica.
- 🛏️ Aloxamento: hai concerto no Albergue Alentea (Covelo).
⏰ Corre, que o prazo corre!
A preinscrición está aberta só do 6 ao 12 de outubro. Non o deixes para o último día!
👉 Toda a información e a inscrición, AQUÍ
Tes dúbidas? Escríbenos a carreiras.arbitraxe@fedgalmon.gal e botámosche unha man.
Agardámosvos en Mondariz! 🙌
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.