Esta andaina é una proba oficial da Federación Galega de Montañismo e está integrada dentro da II Liga Xunta de Galicia de sendeirismo e da Liga Ibérica de sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada

A XVIII Andaina de Outono 2024 O Barco de Valdeorras organizada polo Club Peña Trevinca en colaboración co Concello do Barco, reuniu o pasado 10 de novembro a uns 360 sendeiristas das comunidades autónomas de Galicia, Castela-León, Madrid, Asturias ou Comunidade Valenciana.

Os participantes puideron escoller entre dúas rutas: unha longa de 25 km con 1.096 metros de desnivel, e outra máis curta de 15 km con 651 metros de desnivel. Ambas as rutas compartían os primeiros 12 km, con saída e chegada na praza do Concello. A ruta longa contaba con tres subidas e tres baixadas e ofreceu paisaxes destacadas como o monte Sierro, o Mosteiro de Xagoaza e a Torre do Castro, mentres que a ruta curta desviouse cara a Vilanova.

Durante a xornada, os senderistas gozaron de asistencia e avituallamientos ao longo do percorrido, combinando deporte, cultura e a beleza natural de Valdeorras. O evento culminou cunha degustación de arroz con botelo no pavillón municipal, coa presenza de autoridades locais como o tenente alcalde Aurentino Alonso,  o vogal de Sendeirismo da FGM, Henrique Freixeiro, o presidente do club Peña Trevinca, Miguel da Cal e outros representantes de los diversos clubs participantes.

Todos os participantes recibiron unha camiseta conmemorativa e unha medalla. Ademais, premiáronse aos senderistas de maior e menor idade en ambas as rutas: Dina Campazas García (74 anos) e Lucia Mourele Torrado (12 anos) na ruta longa; e Juan Ramón López Oviedo (81 anos) e Manuel Martiño Rodríguez (10 anos) na ruta curta. A xornada estivo animada por un disco móbil e un speaker na meta, pondo un broche festivo a esta exitosa edición da Andaina.

A continuación deixámosvos algunhas das instantáneas protagonistas da xornada.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade