O xoves 22 de maio de 2025, pasadas as 21:00 horas regresou a Vigo o expedicionario Roberto López tras unha viaxe accidentada, propio colofón do seu case exitosa ascensión ao Makalu.
Despois da desilusión de estar a tiro de pedra do cume do Makalu e ter que regresar por imperativo do seu sherpa, Roberto iniciou a fase final da súa aventura descendendo a Katmandú e realizando as suas labores de voluntariado e apoio a nenos desfavorecidos, atopándose en tódolos momentos do regreso con constantes contratempos.
O seu retorno é case unha odisea en se mesma, comezando cun descenso andando moi complicado e con moitas incidencias nun trekking a grandes alturas; con avións perdidos, con todoterreos avariados, con autobuses de última hora e, tras alcanzar Katmandú, con máis voos perdidos, paradas inesperadas en Catar e máis atrasos en voos nacionais.
Finalmente, onte foi recibido polo Vogal de Andainas da FGM no aeroporto vigués, acompañado por un expresidente da Federación, así como por varios membros da Xunta Directiva e socios do Clube de Montaña Xistra, ao cal pertence Roberto López.