A Selección Galega competiu o domingo 25 de outubro en Lorca (Murcia), nun circuíto de terra compacta ao que tiveron que dar seis voltas para completar máis de 15 km.
A Selección feminina rematou en 6.º lugar e a masculina, en 5.º.
Cómpre destacar, a nivel individual, a Marta Marqués Prado, que rematou a proba na 3.ª posición absoluta feminina e na 1.ª da súa categoría, e a Miguel Parra Ameijide, que acadou o 4.º posto absoluto e o 3.º da súa categoría.
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.