O pasado 22 de xuño celebramos na cidade de Ourense o campeonato galego de escalada en bloque.
O peso da organizacion do evento caiu nas mans do clube ASESOU.
Levouse a estructura da FGM e foi instalada nunha pista polideportiva no exterior do pavillón dos Remedios.
A montaxe dos pasos foron responsabilidade de Cesar Alvarez e David Moran que xa tiveron que sufrir os rigores do estío ourensán xoves e venres no proceso de creación dos catro pasos de final e dos 6 de clasificatoria para as catro categorías participantes, sub18 e absoluto masculino e feminino.
Chegou o dia e cumprironse os pronósticos. Día implacable que non botou para atrás a máis de medio cento de competidores. Especialmente duras resultaron as finais xa que neses intres o termómetro marcaba 38 grados a sombra e a estructura estaba a pleno sol.
Neste senso cumpre felicitar os verdadeiros protagonistas do evento, @s competidor@s pola sua actitude sempre proactiva malia as condicions incompatibles coa práctica deportiva.
Pola parte que nos toca, dicir que traballaremos para garantir unhas condicions dignas para que os nosos deportistas poidan expresar o mellor de si mesmos. Sen dúbida son moitas cousas a corrixir e ter por seguro que dende onte a tardiña xa estabamos argallando como facelo.
Agradecer o clube organizador, montadores, árbitros, competidores, público e autoridades o esforzo e ilusión posta en sacar a diante unha competición rodeada de adversidades.
Gostarianos destacar no aspecto deportivo a presenza de fortisim@s escalador@s de Extremadura e Aragón, dandolle a competición un plus de calidade.
Por outra banda non podemos esquencer os integrantes do grupo de tecnificación da FGM con unha actuación estelar reflictida en tres primeiros postos, dous segundos e un terceiro.
Rematamos esta breve crónica coa clasificación da proba:
ABSOLUTA MASCULINA
1º Adrián Álvarez del Indoorclub de Escalada de Santiago de Compostela
2º Fausto Manuel Blanco de AMI de A Coruña
3º Pablo López Sixto del Club AMI de A Coruña
ABSOLUTA FEMENINA
1ª Lucia Sousa del Club Asesou de Ourense
2ª Victoria Bello del Club Ártabros de A Coruña
3ª Thais López del Club Asesou de Ourense.
SUB 18 MASCULINA
1º David Álvarez del Indoorclub de Escalada de Santiago de Compostela
2º Felipe Toro del Indoorclub de Escalada de Santiago de Compostela
3º Nacho Cancelo de AMI de A Coruña
SUB 18 FEMENINA
1ª Estela Miles del Club Peña Trevinca Montañeiros de Vigo
2ª Dafne Martinez del Club Asesou de Ourense
3ª Miriam Caiña del Club Asesou de Ourense.