MEDALLA DE PRATA PARA A SELECCIÓN GALEGA DE ESCALADA CADETE E MERITORIO SEXTO POSTO PARA A SELECCIÓN INFANTIL

Dende o 22 ao 25 de Xullo na cidade de Lugo, tivo lugar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar en categorías Infantil e Cadete desta temporada 2021. Unha competición en formato Overall onde os deportistas participaron de xeito individual, e a maiores, puntuando globalmente por equipas sumando os puntos optidos por cada un dos participantes de cada categoría, seis en total (tres de cada categoría M/F).

Galicia acudiu a cita cunha equipo case completo de deportistas pertencentes ao programa de Tecnificación Galego de escalada e seleccionado tras unhas probas e varias concentracións preparatorias.

O equipo Infantil estivo formado por: Martín Ferreiro, Hadrián Pérez, Frederic Bondy, Elena Ferreiro, Lara Prida e Nora García.E o cadete por: Xián Peláez, Xavier Carballo, Lucia Lores, Mara Rodríguez, Natalia Vale e a ausencia de última hora de Juan Correa. Representantes de escolas e clubs que amosan unha vez máis o gran nivel do deporte de base e o traballo que se fai dende a FGM para o desenvolvemento da escalada entre a xuventude. Acompañando ao equipo como técnicos acudiron: Joel Rodríguez, Josefina Maestu e José Juan Domínguez.

O formato Overall en escalada está composto por un cómputo das 3 disciplinas olímpicas: velocidade, boulder e dificultade. Durante as primeiras xornadas os participantes medíanse nas tres modalidades, clasificando en cada unha delas. Os 6 deportistas, por categoría, coa mellor puntuación computada das tres disciplinas pasaban á final, onde volveron a participar en velocidade, boulder e dificultade. Finalmente, catro dos nosos deportistas pasaron o corte e disputaron dita final das súas respectivas categorías: Nora García, Natalia Vale, Xián Peláez e Xavier Carballo.

Como resultado final Xavier Carballo obtivo o ouro na categoría Cadete Masculino, Nora García o 4º posto en Infantil Feminina, Natalia Vale o 4º posto en Cadete Feminina e Xián Peláez o 6º posto en Cadete Masculino. E o máis importante de todo, a selección cadete, como equipo, obtivo a segunda posición e a selección infantil a sexta, obtendo uns resultados históricos por vez primeira en relación a nosa participación en anteriores edicións. Subliñar que nunca obtivéramos un podio coma Selección Galega e a nosa mellor clasificación individual fora un 5º posto no ano 2019.

Polo tanto seguimos medrando día a día e consolidando a nosa presenza nas diferentes probas do calendario estatal mantendo con elo as ilusións renovadas e recollendo os froitos do traballo e a boa metodoloxía dos últimos anos.

A destacar coma sempre, o compañeirismo de todos os participantes e técnicos doutras seleccións autonómicas e o bo ambiente xerado nesta competición, sen dúbida o máis salientable ao marxe dos resultados.

Queremos dar as gracias ó Consejo Superior de Deportes por organizar con nos este evento, tamén a Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada FEDME, o Concello de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e o Rocódromo Lugo. ¡Moitas grazas!

 

RESUMO PUNTUACIÓNS: III° CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL E POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE ESCALADA EN IDADE ESCOLAR 2021

Modelo Overall ou Combinada (o mellor nas tres modalidades velocidade – bloque – dificultade)

Participantes:

  • Infantil feminino: 27 deportistas e Infantil masculino: 23 deportistas
  • Cadete feminino: 24 deportistas e Cadete masculino: 24 deportistas

 

CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL DO CAMPIONATO

 

  • SELECCIÓN INFANTIL
  • Nora 4° posto (1° en Velocidade, 6° en Bloque e 6° en Dificultade).

  • Lara 20° posto (14° en Velocidade, 20° en Bloque e 17° en Dificultade).

  • Elena 22° posto (21° en Velocidade, 22° en Bloque e 22° en Dificultade).

  • Martín 10° posto (8° en Velocidade, 13° en Bloque e 7° en dificultade).

  • Hadrián 14° posto (12° en Velocidade, 18° en Bloque e 11° en Dificultade).

  • Frederic 19° posto (18° en Velocidade, 19° en Bloque e 18° en Dificultade).

 

  • SELECCIÓN CADETE
  • Natalia 4° posto (6° en Velocidade, 5° en Bloque e 2° en Dificultade).

  • Mara 7° posto (10° en Velocidade, 7° en Bloque e 5° en Dificultade).

  • Lucia 14° posto (14° en Velocidade, 15° en Bloque e 13° en Dificultade).

  • Xavier 1° posto (2° en Velocidade, 1° en Bloque e 1° en Dificultade).

  • Xián 6° posto (4° en Velocidade, 6° en Bloque e 4° en Dificultade).

 

  • CLASIFICACIÓN FINAL POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
  • 6° posto en categoría infantil

  • 2° posto en categoría cadete

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.