O pasado 14 de Febreiro no Concello de Ames, tivo lugar a Gala do Montañismo Galego, na que se entregaban os galardóns aos deportistas más relevantes nas súas disciplinas así como outras distincións especiais a persoas que pola súa traxectoria no mundo da montaña ou nalgunha modalidade en concreto tiveron a honra de ser embaixadores/as da nosa Federación e do noso deporte.

No auditorio do Milladoiro (Ames) cedido moi xentilmente polo Concello anfitrión, o cal tivo presenza no evento tanto como colaborador, como premiado, sendo recoñecido así o seu traballo na difusión do Montañismo. Reuníronse algo máis de 150 persoas entre autoridades, premiados e acompañantes.

No evento entregáronse distincións aos concellos de Folgoso do Courel e Val do Dubra por ter entre as súas terras o Sendeiros máis Popular e o Sendeiro Revelación Respectivamente.       

Alcaldes de Val do Dubra, Folgoso do Courel e Ames de esquerda a dereita e o Delegado Provincial da Xunta a dereita de todo.   

Como Galardóns especiais entregáronse as distincións a:

  • Toda unha traxectoria do Barranquismo a Juan Montenegro.
  • – Clubs Artabros e Ferrol Abrente por 50 anos Adicados ao Montañismo.
  • – Carlos Garrido pola difusión da protección ambiental dos paixases de Montaña.
  • A mellor actividade de Alpinismo do 2024 a Miguel Arejula e Adrián Álvarez pola ruta Rouge Bereber.
  • E o recoñecemento a labor de inclusión na Montaña a Club Atletismo Sada e Marines.
  • Premios especiais tamén a toda unha vida adicada ao Montañismo Galego a Xosé Lois Freixeiro López quen fora presidente da FGM dende 1986 ata 2010 e a súa muller María Teresa Cameselle Rodríguez que foi secretaria da FGM dende 1986 a 2013.

Por modalidades deportivas de competición entregáronse premios en:

  • – Escalada: Mateo Vásconez e Javier León pola tempada nacional do 2024 

– Escalada: Nora García Maestu tamén pola grande tempada nacional 2024

– Escalada: Erik Noya pola traxectoria en escalda de velocidade, e Iris Gutierrez pola 1ª ascensión feminina de “Equilibrium”, unha vía de 8b na Pedriza,  que non puideron vir a recoller o premio por motivos persoais deportivos.

– CxM: Recoñecementos a mellores corredores xovenes e absolutos de carreiras por montaña a, Eloy Martinez Faro, Julia Salvado Dieguez, Marcos Antonio Pascual Fidalgo, Miguel Vázquez Grela e Guadalupe Rubio Fernández.

(Nas fotos por orde: Julia e abaixo Guadalupe)

– Marcha Nórdica: Club Xesteiras pola súa traxectoria 2024.

– Marcha Nórdica: Jose Iglesias Siso e María del Pilar Martínez Rodríguez pola traxectoria 2024

– Marcha Nórdica: Alberto Fidalgo Pesquera, pola tempada nacional e Internacional 2024 quedando Campión de Europa e Subcampión do mundo.

– Marcha Nórdica: E Cristina González de Castro pola labor de divulgación da Marcha nórdica.

– Andainas: Resultados por Clubs, sendo 1º Trabandainas, 2º Xistra e 3º Xesteiras na Liga de Andainas Galegas.

– Andainas: A todos os clasificados en 1º, 2º e 3º lugar en función do nº de probas realizadas.

Agradecer a súa presenza a Roberto García Fernández, Delegado Provincial da Xunta de Galicia na Coruña.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade