Durante os días 25, 26 e 27 de xuño celebrouse en Abeduriu na vila de O Entrego, Asturias, o Campionato de España en Liña de Carreiras por Montaña, unha cita de gran importancia dentro do calendario nacional e na que a Selección Galega volveu demostrar o seu compromiso, esforzo e excelente nivel competitivo.
A selección galega realizou unha magnífica actuación no conxunto das categorías, obtendo resultados moi salientables que reflicten o traballo desenvolvido durante toda a tempada por deportistas, técnicos e clubs galegos.
Mención especial merece a categoría júnior, que protagonizou unha actuación sobresaliente. A Selección Galega proclamouse subcampioa de España por seleccións en categoría júnior feminino formada por Emma Méndez, Sandra González e Jullia Salvado alén de proclamar se Campioa de España en Categoría Júnior Emma Méndez e Subcampioa na súa mesma categoría Sandra González e Eloy Martínez Subcampión de España masculino na mesma categoría. Uns resultados que poñen de manifesto o gran potencial dos nosos mozos deportistas e o excelente traballo de formación que se está realizando en Galicia.
Desde a miña posición como seleccionadora quero trasladar os meus máis sinceros parabéns a todos os integrantes da Selección Galega polo esforzo, a entrega e o comportamento exemplar demostrado durante todo o campionato. Os bos resultados individuais obtidos como: Federico na categoría VetB cun 2 posto, Martín na categoría promesa cun 7 posto, Aythami 8 posto en categoría absoluta permitiron alcanzar un meritorio noveno posto por seleccións, reflexo do compromiso e a competitividade do equipo galego nunha competición do máximo nivel. Pero aínda así destacar a participación de todos os deportistas polo seu compromiso, xa que as condicións da carreira pola calor extrema, con temperaturas próximas aos 30º C, dificultaban moitísimo o rendemento e todos e cada un deles lócense.
Para rematar, queremos recoñecer e agradecer o extraordinario traballo realizado polos deportistas das categorías de base, especialmente os máis pequenos, que colaboraron de forma exemplar durante a proba absoluta. A súa implicación nos avituallamientos, o apoio constante aos corredores, a axuda prestada á organización e a súa actitude de colaboración foron fundamentais para o bo desenvolvemento da competición. O seu entusiasmo, responsabilidade e compañeirismo representan os valores que queremos seguir fomentando dentro do noso deporte.
En definitiva, este Campionato de España deixa un balance moi positivo para a Selección Galega, tanto polos resultados deportivos obtidos como pola imaxe de unión, traballo en equipo e compromiso ofrecida por todos os integrantes da expedición. Estes logros constitúen un estímulo para continuar traballando coa mesma ilusión e seguir impulsando o crecemento das carreiras por montaña en Galicia.
Alejandra Seoane
SELECCIONADORA CxM
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.