A finais do mes de febreiro de 2018 tiveron lugar as reunións zonais da Federación Galega de Montañismo, que nesta ocasión tiveron por escenario Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo.

Estos encontros teñen por obxetivo que todos os clubs galegos, formen ou non parte de Asemblea da nosa Federación, podan expoñer as súas inquedanzas e informarse sobre o noso deporte e as súas múltiples modalidades.

Falouse de todo de carreiras por montaña,  de construccións e utilización de rocódromos en Galicia, da rede gaelga de sendeiros homologados, dos refuxios federativos e obra de acondicionamento dos mesmos, dos cursos de nosa EGAM, do encontro de alpinismo, tamén do aumento de competicións, das xornadas de tecnificación, didáctica e actividades,  carreiras por montaña e un longo etcétera.

Un dato a destacar foi que a finais de xaneiro no 2017 había 1800 licencias e este ano a 31 de xaneiro tíñamos xa 4100 tarxetas o que permite pensar que este ano teremos novamente un aumento espectacular das mesmas.

Comunicáronse aspectos organizativos dos eventos estatais FEDME a desenrolar en Galicia este ano pola nosa FGM; como o “Campionato de España de escalada de deporte escolar” e a reunión das “Escuelas autonómicas da escuela Española de alta montaña” organizada pola nosa EGAM, ambos eventos terán lugar en Santiago de Compostela, tamén o “Campionato de España de clubs de carreiras por montaña” en Parada de Sil (Ourense) e unha proba do ranking de marcha nórdica da FEDME en Vigo.

As reunións foron moi útiles e plantexáronse novas iniciativas sobre o noso deporte, e clarificáronse non poucas dúbidas que tiñan directivos de diferentes clubs galegos sobre algún aspectos da organización federativa.

En todas as reunións estivo presente o presidente da FGM Adolfo Puch acompañado de diferentes directivos e persoal técnico;o vicepresidente 1º Raúl Leiros, o secretario xeral Manuel Domínguez, o director técnico José Manuel Pérez, o director da EGAM David Pérez, a vogal de Comunicación Cristina Conde, o vogal de promoción Infantil Fernando Pérez,e os delegados provinciais, etc.

Pensamos que ditas reunións como en outros anos resultaron satisfactorias, útiles e clarificadoras para todos