Resumo do I Campeonato Idade Escolar FEDME

Despois dunha intensa fin de semana conviña deixar pasar uns días para dixerir a tarefa feita e devagar…

En principio, dicir que atendendo os comentarios recibidos por parte dos responsables das delegacións participantes, as autoridades políticas e deportivas, así como do comité arbitral e deportistas, podemos permitirnos asegurar sen pecar de soberbios, que o desenvolvemento da competición e merecedora dun notable alto. Pero como o que desexamos e o sobresainte, tomamos boa nota daqueles detalles que compre mellorar e recollemos valiosa información producto do feedback recibido dos multiples contactos mantidos con fantásticos profesionais que representan o presente e o futuro do noso deporte no eido competitivo.

Parabéns  tamén pola fantástica actuación d@s integrantes da nosa selección, formada por tres escaladoras e un escalador.

Na clasificación por seleccións estabamos en evidente inferioridade xa que puntuaban 6 e nos so podíamos levar 4 rapaces. Destacar a oitava posición acadada con tan só ano e medio de traballo na tecnificación.

A nosa selección estivo competindo con seriedade e coraxe contra seleccións consolidadas e de altísimo nivel como a vasca, madrileña ou extremeña, entre outras. Algunhas delas con máis de 20 anos no alto rendemento.

Os nosos parabens para David Alvarez posto 13 de 26.

Mirian Caiña e Estela Miles, ambalas dúas no posto 16 de 25 e para Dafne Sousa posto 19.

Só nos queda pedirlles que sigan traballando coa mesma ilusión para seguir formando parte do noso equipo, sabedores que o seu marxe de mellora e grande.

FGM 2019