O pasado día 12 de abril de 2021 tivo lugar en Santiago de Compostela unha reunión co Secretario Xeral para o Deporte D. José Ramón Lete Lasa, a mesma asistiron pola Federación Galega de Montañismo o Presidente Adolfo Puch, o Vogal de Escalada Fausto Blanco e o Director Técnico José Manuel P. Prego.

Os temas tratados en dita reunión versaron sobre evolución organizativa das Competicións estatais programadas para este ano en Galicia concretamente o Campionato de España de Marcha Nórdica Fedme en A Coruña  a 3ª Proba de Copa de España de Escalada en Bloque da Fedme. e a situación do Campionato De España de Escalada por seleccións autonómicas infantil-cadetes do CESA do CSD, estas dúas competicións a realizar no Rocódromo do Pazo de Feiras de Lugo.

A nosa Federación organizou con notable éxito o 1º Campionato de selección autonómicas infantil-xuvenil do Cesa en Santiago de Compostela, e polo tanto sería un importante fito que a 3ª edición teña lugar de novo en Galicia neste caso no Rocódromo Lucense, unha das mellores instalación con formato olímpico de España.

A continuación falouse sobre o futuro da expansión e modernización dos rocódromos a nivel galego.

Tamén pechouse un acto oficial sobre o patrocinio froito da colaboración da empresa Torre de Núñez coa F.G.M., onde presentaranse as novas equipacións dos Tecnificados en Alpinismo da F.G.M. do Equipo de Novos Alpinistas Galegos, que terá lugar en Lugo próximamente coa presencia do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, responsables da Empresa Torre de Núñez e o Presidente de Federación Galega de Montañismo. 

Comentouse tamén a consecución de varias medallas por parte dos xóvenes membros do programa de tecnificación de Escalada en competicións de carácter estatal en Navarra e autonómico en Madrid en categorías Sub-14 e sub-16.

Finalmente os responsables federativos informaron o Sr. Lete da evolución dos Programas de Tecnificación de Alpinismo, Escalada e Carreiras por Montaña da Federación Galega de Montañismo.

Nun ambente de franca cordialidade, desenrolouse esta xuntanza moi constructiva e de gran colaboración entre a Administración Autonómica e a F.G.M.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.