
O vernes pasado o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia mantivo unha moi agradable e productiva xuntanza co presidente da Federación Galega de Montañismo para tratar, entre outros, os seguintes temas:
- Carreiras por Montaña e intromisións doutra Federación.
- Creación e desenvolvemento da figura lexislativa de “instalación deportiva ao aire libre”.
- Plantexar o futuro dos refuxios galegos.
- O novo rocódromo de Lugo
- Interesarse dende a FGM polo novo Decreto de Turismo Activo que está traballando a Xunta de Galicia.
- Convidar (tamén á participación) ao Secretario Xeral para o Deporte na Copa de España e I Campionato Galego de Marcha Nórdica A Coruña 2019
- Novos programas de tecnificación de alpinismo, escalada deportiva e carreiras por montaña.
- Incremento de federad@s e de Clubs.
- Reforma na organización federativa.