Josefina Maestu, Presidenta da Federación Galega de Montañismo, participou o pasado fin de semana en Madrid, na sede do Consello Superior de Deportes, na xuntanza convocada pola FEDME na que estaban invitados todos os presidentes de federacións autonómicas de deportes de montaña.

Tratáronse diferentes temas, algúns deles abordando a grave situación orzamentaria pola que está pasando a FEDME, como consecuencia da xestión das licenzas federativas e o seu ámbito xeográfico.

A presidenta da FGM, entre outras intervencións, defendeu a necesidade de recuperar a categoría Sub 20, dentro da franxa absoluta, pero con clasificación propia, e manifestou a súa posición contraria a eliminar os premios en metálico de escalada, pretendido pola FEDME (mantendo o resto de disciplinas competitivas).

Josefina Maestu propón que se deben ter os mesmos criterios nas premiacións das modalidades competitivas da FEDME. Por elo, propuxo unha baixada equitativa e porcentual a todos eles, pero en modo algún apoia o feito de sacrificar á escalada, como se sabe, disciplina olímpica.

A reunión estivo dirixida por Alberto Ayora, presidente da FEDME.

Todos os presentes/as deixaron claro a necesidade de seguir mantengo este tipo de xuntanzas, para fomentar o diálogo e dar a coñecer as opinións das diferentes CC.AA.