O equipo técnico da Federación Galega de Montañismo está volcado estes meses na revisión de todos os sendeiros homologados coa vista posta na nova edición do libro “Guía de Sendas para descubrir un País”, impulsado por Turismo de Galicia. Este 2025, o obxectivo é cubrir todos os percorridos das provincias da Coruña e Lugo. Para o ano seguinte, está previsto continuar coas de Pontevedra e Ourense.

Esta labor permitirá ter unha fotografía real do estado dos recursos turísticos e deportivos que representan os sendeiros. Por desgraza, en moitos lugares estes camiños non reciben a importancia que merecen, e a falta de coidado é visible.

Cómpre lembrar que a función da Federación non é encargarse do mantemento, senón certificar e dar fe do seu estado. Son os concellos e promotores os responsables de garantir que estes sendeiros estean en condicións óptimas e ben sinalizados.

Facer unha correcta revisión é clave para potenciar Galicia como destino de calidade, tanto para deportistas como para turistas que buscan descubrir a natureza e a cultura do país.

Entre todas e todos podemos coidar este importante patrimonio e poñelo en valor para o futuro!

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade