A través do seu Club Xistra chégannos estas palabras de Roberto López:

“…estos dias de descanso no campo base, avanzado neste caso, dan para moito. Comes e bebes algo mellor que nos campos de altura, aseaste un pouco, lavas roupa, e fas algo mais de vida social compartindo as experiencias vividas nese proceso que pretende acadar o cumio dunha montaña neste caso.

E ti ata onde chegache?.. E ti en que campo durmiche?…E como é aquelo?…e así arredor da calor dunha bombona de gas no centro dunha carpa onde cada un vai buscando un espazo para participar ó tempo que colle algo de temperatura no corpo a través das mans. Noutra esquina da carpa alguen parece que fala solo grabando hacia nos… Ao parecer era un video para alimentar o Instagram.

E asi, ata o ultimo momento en que toca retirada cando pechan o gas e hai que ir para as tendas, pasando de modo colectivo, a modo individual, que tamen fai falta cun mesmo facer o balance do día. Pero hai que ter coidado, porque as horas non pasan igual no modo colectivo que no modo individual… Saindo da carpa vexo o ceo estrelado cunha silueta no horizonte dun pico que non deixa de seguir os nosos pasos. Oxalá en poucos dias compartamos noite baixo ese mesmo manto estrelado.

…hoxe logo de escribir estas verbas e desaiunar algo, pretendo darme unha ducha, que non fago dende hai 6 dias, e afeitarme, dar un paseiño polo ABC e si se tercia un pouco de solárium gratuito…”

Moito ánimo e forza na súa aventura!

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade