A presidenta da FGM, Josefina Maestu, asistíu o pasado 11 de abril á rolda de prensa na que se presentou esta proba, organizada polo Club de Sendeirismo Trabandainas, en colaboración co Concello de Porto do Son e a Cruz Vermella de Noia.
Ao acto asistiron:
- O concelleiro de Deportes de Porto do Son, Juan Pouso,
- A presidenta do club de Sendeirismo Trabandainas, María del Pilar Santamaría, e membros da Xunta Directiva do club
- A presidenta de FGM, Josefina Maestu.
As persoas inscritas teñen a posibilidade de participar na andaina de 15 ou 25 km.

Os e as presentes destacaron a riqueza das zonas do Concello de Porto Do Son, polas que transcorren as andainas curta e longa, así como o gran interese paisaxístico e etnográfico.
Por outro lado tamén se incidíu na contribución que ésta e as demais andainas da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da FGM teñen de cara a mellorar a saúde e a calidade de vida, adquirindo hábitos saudables nun entorno natural.
A esta andaina acudirán sendeiristas de toda Galicia, o cal contribuirá a que o Concello de Porto do Son poida ser un destino turístico, para próximas visitas das persoas que participan nesta andaina.
Recordar que tamén esta proba forma parte da Liga Ibérica de Senderismo da FEDME.